jueves, 13 de enero de 2022

Traballos de investigación no lugar nunha saída didáctica.


 Saímos de excursión á lagoa de Vixán preparadísimos para facer as nosas investigación e traballar nos nosos cadernos de campo. Na nosa biblioteca contamos con estas guías especializadas no Parque Natural do Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán, que ademáis son moi lixeiras e non nos costa nada levalas ata o terreno e traballar alí con elas.

E tamén na nosa biblio temos estas lupas para bichiños e plantas que nos deron moito xogo o día da visita e máis tarde na clase.
Este é o caderno de campo que utilizamos como soporte de investigación na nosa saída didáctica.












No hay comentarios:

Publicar un comentario