PDI: O Xigante de Area



Inauguración da I mostra de fotografía O Xigante de Area no CIELGA a cargo do alumnado do CEPP de Carreira.
37 fotos que mostran o Parque Natural de Corrubedo e Lagos de Carregal e Vixán. Moitas graças a todos e todas as participantes que nos fixeron chegar as suas fotografías fancendo esta exposición tan rica e interesante.
Posibilidade de visitala ata setembro. Non a podes perder.

Pincha no enlace para disfrutar un pouco do evento.

          

----------------------------------------------------------------------------------
3º e 4º elaboran os carteis para a mostra de fotografía.





 
-------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------


Dentro do Plan Proxecta. 40 Educación patrimonial nun marco de colaboración de ETwinning, estamos asociados a un centro portugués situado na Serra da Estrela, e xuntos estamos desenvolvendo o proxecto Vivindo nun parque natural, que consiste en coñecer desde unha perspectiva de patrimonio natural, o noso entorno e aprender a dalo a coñecer.


Puidemos, por fin, coñecernos a través dunha videoconferencia, onde compartimos ademáis algúns dos nosos traballos realizados ata o momento.


-----------------------------------------------------------------------------------

 Saímos no periódico.


A voz de Galicia faise eco do noso proxecto O Xigante de Area.

-----------------------------------------------------------------------------------

1º e 2º Anuncian a I mostra de fotografía O Xigante de Area.



----------------------------------------------------------------

I mostra de fotografía O Xigante de Area.



O alumnado de 5º e 6º elaborou este folleto que recolle as bases de participación na mostra de fotografía que organizamos e á que estabades todos e todas convidados a participar.


-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Traballos de investigación no lugar nunha saída didáctica


 Saímos de excursión á lagoa de Vixán preparadísimos para facer as nosas investigación e traballar nos nosos cadernos de campo. Na nosa biblioteca contamos con estas guías especializadas no Parque Natural do Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán, que ademáis son moi lixeiras e non nos costa nada levalas ata o terreno e traballar alí con elas.

E tamén na nosa biblio temos estas lupas para bichiños e plantas que nos deron moito xogo o día da visita e máis tarde na clase.
Este é o caderno de campo que utilizamos como soporte de investigación na nosa saída didáctica.










------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Fase de investigación coa colaboración dun experto

 Contamos coa colaboración dun investigador da USC, Augusto Pérez, que leva investigando un montón de anos a duna e as lagoas.

Xunto a el puidemos comprobar a mobilidade do noso xigante a través de imaxes de máis de trinta anos, e tamén como a auga da lagoa de Vixán ocupa menos terreno ca fai tempo.

Aproveitando a ocasión, as nosas profes diseñaron unha serie de obradoiros basados na búsqueda de diferentes, que nos posibilitou achegarnos a todo o que Augusto nos quería mostrar.










-------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------- 

DESEÑADORAS DAS LETRAS DO RECUNCHO DO PROXECTO.



Alumnas do terceiro ciclo encargadas do deseño e elaboración das letras do recuncho do proxecto.







--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

ARRANQUE DE PROXECTO NA AULA DE 2ºCICLO.


 

Descubrimos, a través da visualización de imaxes, cal é o lugar no que se vai a centrar o noso proxecto "O Xigante de area". 













 -------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

ARRANQUE DE PROXECTO NA AULA DE 

1ºCICLO.


COAS MANS NA AREA.




Nestas bandexas de area estaban escondidas as pezas que formaban unhas imaxes ben coñecidas por nós, e os nomes dos lugares desas fotos.



Traballamos en equipo, primeiro xuntando as pezas do puzzle para saber de que se trataba e logo, combinando as letras para buscar ese nome que coñecíamos.





Metímonos de cheo no tema porque descubrimos que temos moitas cousas que contar sobre este lugar.




No hay comentarios:

Publicar un comentario