jueves, 13 de enero de 2022

Traballos de investigación no lugar nunha saída didáctica.


 Saímos de excursión á lagoa de Vixán preparadísimos para facer as nosas investigación e traballar nos nosos cadernos de campo. Na nosa biblioteca contamos con estas guías especializadas no Parque Natural do Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán, que ademáis son moi lixeiras e non nos costa nada levalas ata o terreno e traballar alí con elas.

E tamén na nosa biblio temos estas lupas para bichiños e plantas que nos deron moito xogo o día da visita e máis tarde na clase.
Este é o caderno de campo que utilizamos como soporte de investigación na nosa saída didáctica.












3º Xoves de Olimpíada. 1º Tramo desbloqueado.



 Deixámosvos por aquí un pequerrechísimo vídeo do último reto cooperativo do trimestre pasado.

Superar esta proba supuxo conseguir desbloquear a primeira saída ao Parque Natural, camiñamos dende o cole ata a lagoa de Vixán.



Desfrutamos moitísimo destes momentos, e xa estamos desexando descubrir os de este trimestre.