lunes, 26 de diciembre de 2022

Hoxe visítanos...

                                         


... Rogelio Santos Queiruga, mariñeiro e defensor da pesca sostible nas redes sociais. 

.
     Comparte videos nos que se lle pode ver devolver ao mar  aquel xénero que cae nas redes pero está en veda. 
A través da súa charla, moi amena, trata de concienciar ao alumnado sobre o consumo responsable e o coidado do medioambiente.


Do mellorciño que tivemos polo Corniño de visita.

Lecturas e máis.

 Todos os cursos temos unha sesión semanal na biblio, onde nos encargamos de facer os prestamos, os cambios de libro e calquera outra actividade que as titoras consideren.

Si solo utilizásemos a biblio esa sesión asignada, a nosa biblio permanecería días enteiros pechada, somos solo tres aulas,  e sen uso. Nada máis lonxe da realidade.

Na nosa biblio pasan cousas constantemente, pero tamén gardamos ese pequeño tramo horario de exclusividade.

                                                           





Ámbito científico e biblioteca escolar

                                            A alimentación e hábitos saudables.


Investigación utilizando medios dispoñibles na biblioteca sobre os alimentos, procedencia, clasificación e etiquetado.






Fase de difusión.

Exposición e mostra visual dos resultados obtidos. realización de talleres a cargo do alumnado co fin de transferir o aprendido aos seus compañeiros e acompañeiras.








viernes, 9 de diciembre de 2022

Novembro: Mes da Ciencia en Galego na nosa biblioteca

 

 

Cartel elaborado para conmemorar o mes da ciencia en galego, elaborado polos voluntarios e voluntarias de biblio.


Selección bibliográfica a disposición de todo o centro como soporte para o traballo das ciencias.