martes, 30 de noviembre de 2021

2º Xoves de Olimpíada

Aquí tedes o vídeo co reto do ARO VIAXEIRO superado.

A un paso de conseguir unha visita ao Parque Natural!!!

 

domingo, 21 de noviembre de 2021

Fases de investigación en colaboración con experto

 Contamos coa colaboración dun investigador da USC, Augusto Pérez, que leva investigando un montón de anos a duna e as lagoas.

Xunto a el puidemos comprobar a mobilidade do noso xigante a través de imaxes de máis de trinta anos, e tamén como a auga da lagoa de Vixán ocupa menos terreno ca fai tempo.

Aproveitando a ocasión, as nosas profes deseñaron unha serie de obradoiros basados na búsqueda de diferenzas, que nos posibilitou achegarnos a todo o que Augusto nos quería mostrar.






Tarefas de axudantes de biblio

 Compañeiras do equipo de axudantes de biblio botando unha man na preparación dos materiais o día da visita do investigador.



Merendas saudables

 Así desfrutaron os nenos e nenas do Corniño dunha merenda saudable e chea de sabor. Despois de mercar eles e elas mesmos/as a froita no mercado da localidade.




miércoles, 17 de noviembre de 2021

Os voluntarios da biblio preparan a froita para a degustación da merenda.

 O alumnado de 5º e 6º foi o encargado de preparar a froita que os de 1º e 2º mercaron na súa saída pola localidade.

Cortaron os plátanos en trociños redondos, as mazás e as peras conservando a pel, e as mandarinas sen tona.





martes, 16 de noviembre de 2021

Flan de castaña

  Flan de Castaña

No primeiro ciclo cociñamos co ingrediente estrela da tempada: a Castaña.


Aproveitamos para traballar moitas cousas e a distinto nivel, dende a lectoescritura ata a manipulación de alimentos.

Cociñando para celebrar

  No 2º ciclo celebramos os aniversarios cunha torta caseira feita íntegramente por nós.

Escapamos de todos aqueles produtos procesados e decantámonos por elaborar nós mesmos o noso postre.

Traballamos cunha receita real poñéndonos mans á obra, e así de sabroso festexamos nesta clase.


  

lunes, 1 de noviembre de 2021

1º Reto dos Xoves de Olimpíada superado!!!!!!!

 


Xoves de Olimpíada

 Este enorme mapa do Complexo Dunar apareceu nas aulas xeolocalizando unha serie de retos que conforman un percorrido á súa vez.


Unha vez ao mes desfrutaremos dos Xoves de Olimpíada, unha actividade pensada en retos a superar de forma cooperativa. Cada reto superado será un tramo do mapa desbloqueado, conseguindo cada tres retos unha saída ás distintas zonas do parque.