martes, 25 de octubre de 2022

A prensa faise eco das noticias sobre a nosa biblio.

  

Pinchando na imaxe poderedes acceder á noticia que se fai eco da nosa entrada no PLAMBE, a recompensa máis grande do traballo do curso pasado.

As mochilas viaxeiras xa sairon de viaxe!!!

 



O venres pasado sairon as nosas mochilas viaxeiras cheas de libros, contos, manualidades, aventuras e xogos para as casas do noso alumnado.
Pasarán unha semana na casa de cada un e á volta compartiremos as anécdotas vividas coa mochila.

martes, 18 de octubre de 2022

Novos espazos e novos recursos


 


Estamos traballando arreo para levar a cabo todos os cambios que temos por diante. Aínda quedan moitos pasiños que dar neste curso, cremos que será de cambios constantes todo el. Pero ahí estamos, ocupando e usando espazos porque o máis o importante o temos, o noso alumnado.

Tivemos visita!!!!

 


Estreamos o noso novo espacio de biblio coa visita dos chicos de Polo Correo do Vento, que viñeron a facer con nós un obradoiro de ilustración a través dunha charla sobre seguridade na rede.