lunes, 26 de diciembre de 2022

Hoxe visítanos...

                                         


... Rogelio Santos Queiruga, mariñeiro e defensor da pesca sostible nas redes sociais. 

.
     Comparte videos nos que se lle pode ver devolver ao mar  aquel xénero que cae nas redes pero está en veda. 
A través da súa charla, moi amena, trata de concienciar ao alumnado sobre o consumo responsable e o coidado do medioambiente.


Do mellorciño que tivemos polo Corniño de visita.

Lecturas e máis.

 Todos os cursos temos unha sesión semanal na biblio, onde nos encargamos de facer os prestamos, os cambios de libro e calquera outra actividade que as titoras consideren.

Si solo utilizásemos a biblio esa sesión asignada, a nosa biblio permanecería días enteiros pechada, somos solo tres aulas,  e sen uso. Nada máis lonxe da realidade.

Na nosa biblio pasan cousas constantemente, pero tamén gardamos ese pequeño tramo horario de exclusividade.

                                                           





Ámbito científico e biblioteca escolar

                                            A alimentación e hábitos saudables.


Investigación utilizando medios dispoñibles na biblioteca sobre os alimentos, procedencia, clasificación e etiquetado.






Fase de difusión.

Exposición e mostra visual dos resultados obtidos. realización de talleres a cargo do alumnado co fin de transferir o aprendido aos seus compañeiros e acompañeiras.








viernes, 9 de diciembre de 2022

Novembro: Mes da Ciencia en Galego na nosa biblioteca

 

 

Cartel elaborado para conmemorar o mes da ciencia en galego, elaborado polos voluntarios e voluntarias de biblio.


Selección bibliográfica a disposición de todo o centro como soporte para o traballo das ciencias.


martes, 25 de octubre de 2022

A prensa faise eco das noticias sobre a nosa biblio.

  

Pinchando na imaxe poderedes acceder á noticia que se fai eco da nosa entrada no PLAMBE, a recompensa máis grande do traballo do curso pasado.

As mochilas viaxeiras xa sairon de viaxe!!!

 



O venres pasado sairon as nosas mochilas viaxeiras cheas de libros, contos, manualidades, aventuras e xogos para as casas do noso alumnado.
Pasarán unha semana na casa de cada un e á volta compartiremos as anécdotas vividas coa mochila.

martes, 18 de octubre de 2022

Novos espazos e novos recursos


 


Estamos traballando arreo para levar a cabo todos os cambios que temos por diante. Aínda quedan moitos pasiños que dar neste curso, cremos que será de cambios constantes todo el. Pero ahí estamos, ocupando e usando espazos porque o máis o importante o temos, o noso alumnado.

Tivemos visita!!!!

 


Estreamos o noso novo espacio de biblio coa visita dos chicos de Polo Correo do Vento, que viñeron a facer con nós un obradoiro de ilustración a través dunha charla sobre seguridade na rede.

jueves, 29 de septiembre de 2022

O novo Club de Ciencias na nosa biblio

 No espacio novo da nosa biblioteca contaremos este curso cunha actividade chea de experimentos.

Montamos o Club de Ciencias no que poderedes participar en horario de tarde cada dous mércores.

Anímate e anótate!!



miércoles, 21 de septiembre de 2022

Estamos de volta!!!


 Arrancamos este novo curso con moitas novidades para esta biblioteca.

Estamos en plena voráxine de cambios, físicos, metodolóxicos, de apertura á comunidade... pero eso non nos impide estar abertos e comenzar a aventura.

Estás preparado e preparada para vivila? Xa tes o teu carnet?