Hoxe visítanos.....


... Rogelio Santos Queiruga, mariñeiro e defensor da pesca sostible nas redes sociais. 

.
                                                                                                                                                         Comparte videos nos que se lle pode ver devolver ao mar  aquel xénero que cae nas redes pero está en veda. 
A través da súa charla, moi amena, trata de concienciar ao alumnado sobre o consumo responsable e o cuidado do medioambiente.


Do mellorciño que tivemos polo Corniño de visita.
-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Estreamos o noso novo espacio de biblio coa visita dos chicos de Polo Correo do Vento, que viñeron a facer con nós un obradoiro de ilustración a través dunha charla sobre seguridade na rede.
------------------------------------------------------------------------------------------------------------------






As farmacéuticas que nos trouxeron os consellos para expoñer a nosa pel ao sol.
---------------------------------------------------------------------------------------------------------------
... Manuel Novo, fotógrafo profesional.

En vistas a preparar a nosa propia mostra de fotografía organizamos un obradoiro cun fotógrafo vecino noso, Manuel Novo, que nos ensinou algún que outro truquiño para fotografía animais e prantas.




-------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Tivemos a sorte de contar con Mercedes Urbiola para 
levar a cabo un obradoiro sobre técnicas para a prender mellor. O alumnado de 3º a  6º participou nunha serie de actividades acompañados polas súas profes. 
As visitas con expertos dentro da nosa biblio están dando moito de sí.

 

-------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------



 
... ARGALLANDO, un obradoiro no que todo o alumnado do Corniño puido fedellar coa ferramenta e materiais de refugallo naturais para facer as suas creacións.







--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

... unha libreira. 

Tivemos a sorte de contar cunha libreira da librería Aenea, que nos contou uns contos que nos gustaron moito.

Trouxo unha morea de libros e puidemos escoller algúns para que os profes os mercaran para a nosa biblioteca.


No hay comentarios:

Publicar un comentario